Música Cántabra
www.albagutierrez.com
- O decano do folk cántabro renóvase
- Ao longo da súa traxectoria o grupo conseguiu superar varias etapas de crise entre os seus compoñentes e, seguindo o dito popular, o que non os matou sempre os fixo máis fortes. Na actualidade están a superar unha máis, dela e do novo disco falamos con Fernando Diego, o único dos fundadores de Luétiga que permanece no grupo.
A promoción do novo disco, a escala do estado español, coincide cunha profunda renovación entre os compoñentes. ¿Cal foi o motivo?
O cambio principal é a marcha do meu irmán Roberto, fundador do grupo comigo e con Chema Murillo en xaneiro do 1986. A razón foi o enorme traballo que supuxo La Hestoria´l Santu Enjamás Contá, un traballo que recaeu totalmente no guitarrista, Juan Carlos Ruiz, e en min, deixando un poco á marxe a Roberto que estaba xa centrado en varios proxectos propios nos que decididiu entregarse: a publicación do libro La Gaita Cántabra e un disco en solitario que sairá en marzo. Os outros dous cambios, o da pandeireteira e o da cantante, xa tiña previsto realizalos ao remate da temporada de concertos polo que non foi ningunha sorpresa, as dúas perderan a ilusión e o compromiso e iso é algo fundamental nun grupo de folk.
Unha vez realizados os cambios, ¿cal é a formación actual de Luétiga?
Incorporamos tres novos músicos: Alba Gutiérrez (voz e pandeireta) é unha rapaza de 17 anos cunha dilatada experiencia de concertos por todo estado español e que xa gravou 2 discos en solitario, para nós é unha incorporación de gran nivel; Fernando Gómez (gaita e pito) é un dos mellores gaiteiros de Cantabria que une unha depurada técnica a unha gran sensibilidade o que o converte nun magnífico intérprete. Borja (frauta traveseira) é un músico de 21 anos que tocou ata agora coa banda de folk-rock cántabra El Hombre Pez, un músico serio e traballador que combina os seus estudos no conservatorio coa súa paixón polo folk, o que lle da unha sólida formación. Con eles Luétiga gaña una magnífica voz e unha maior presenza de instrumentos melódicos, isto enriquecerá as interpretacións dos temas novos e dos clásicos.
Tamén seguimos en Luétiga Peter Bulla (violín), Fernando Segura (baixo), Juan Carlos Ruiz (guitarra), Sebastián Rubio (percusións) e eu mesmo coa voz e o tambor.
A adaptación dos novos ao repertorio do grupo ¿que tal vai?
O bo de facer un cambio desta magnitude no inverno é que non temos urxencias por concertos próximos, o que nos dá unha tranquilidade total para os ensaios e a aprendizaxe do repertorio por parte de cada un dos músicos. Nese proceso estamos e calculo que para febreiro ou marzo xa teremos a banda perfectamente axustada.
Cóntanos algo sobre ‘La Hestoria’ l Santu Enjamás Contá’.
Para situar esa historia imaxinaria hai que lembrar que de abril do 2006 a abril do 2007 celebrouse en Cantabria o Ano Xubilar Lebaniego. Coincidindo con esa celebración ocurréusenos desenvolver a idea de que os Luétiga descubriamos un Códice da época do Beato de Liébana, no que un monxe daqueles tempos chamado Eterio, contemporáneo do Santo, recollera os cantos e os bailes da xente que vivía nos arredores do Mosteiro de Santo Toribio, na comarca de La Liébana. Nese códice, supostamente, aparecían as letras e as partituras que nós tocabamos 13 séculos despois. Esa idea foi maxistralmente novelada polo escritor de Torrelavega, Mariano Fernández Urresti, dando lugar a un texto que incluímos no libreto do disco tan vibrante e realista que moita xente se sorprende de que o que alí se conta non sexa verdade.
Aínda que a historia central sexa inventada, o repertorio do disco ¿si é de orixe tradicional?
Por suposto. O repertorio bebe da tradición musical cántabra, con dúas excepcións: Galerna, que foi composta por Roberto Diego, e o Himno a La Montaña, composto por Juan Guerrero Urresti no 1927 e que, coa chegada da autonomía, se convirteu no actual himno de Cantabria. Temos unha anécdota moi curiosa relacionada con esta peza: unha vez que a rematamos preguntámoslle ao director do Festival Internacional de Santander, José Luis Ocejo, pola persoa que tiña os dereitos de autor da obra para pedirlle permiso e poder rexistrar os nosos arranxos; comentounos que os tiña Pilar Guerrero, filla do autor, pero que el xa intentara rexistrar un arranxo coral e llo denegaran, polo que cría que nos ía pasar o mesmo. Esa muller vive en Madrid e nós presentámonos na súa casa sen previo aviso explicándolle o motivo da visita, escoitou atentamente o “noso” Himno A La Montaña e dixo que era a mellor versión que se tiña feito da obra do seu pai. Deunos o permiso sen ningún problema.
Neste novo traballo apréciase un gran nivel de arranxos e produción dos temas. ¿É este o disco máis elaborado de Luétiga?
Sen lugar a dúbida. Comezamos a traballar nel en xaneiro do 2004. Naquel tempo tiven unha reunión con Juan Carlos, o noso guitarrista, e comenteille os cambios que pensaba que necesitabamos para darlle un xiro de calidade ao grupo. A partir de aí traballamos xuntos nos arranxos, dándolles especial importancia ás estruturas dos temas e buscando que estes tiveran un de-senvolvemento coherente. Coherencia que tamén quixemos transmitir ao conxunto do disco coa intención de que se puidera escoitar gratamente de principio a fin.
Na gravación, ¿canto tempo empregastes?
Comezamos a gravar en xullo do 2005 e rematamos de mesturar en xaneiro do 2007, despois de máis de 700 horas de estudo. ¡Unha auténtica ruína económica! Somos o exemplo de como non se debe facer un disco desde punto de vista do tempo e dos cartos. Pero, polo menos, estamos máis que satisfeitos co resultado final.
Para a presentación deste novo disco, xa coa nova formación de Luétiga, ¿hai data concreta?
Todo vai depender de cando reeditemos o disco con World Village, o selo da compañía Harmonía Mundi. Será probablemente a partir de febreiro, nun novo formato con DVD e con dous temas novos. Aí comezará unha forte promoción, tanto a escala nacional como internacional. Estamos moi esperanzados con que a proposta de Harmonía Mundi nos abra moitas portas e consigamos que nos coñezan fóra das fronteiras da Península.
E unha visita de Luétiga a Galiza, ¿para cando?
Pedíronnos presuposto para o Intercéltico de Moaña e xa lles enviamos discos e información. Esperamos que lles guste e poidamos presentar aí este novo disco no verán. Tamén llo enviamos ao Festival de Ortigueira. A ver se conseguimos que se concrete algunha das propostas, porque nos faría moita ilusión visitarvos de novo. Pensa que o noso concerto do ano 1999, no Festival de Ortigueira e presentando o disco Cántabros, foi o máis multitudinario da xa extrensa traxectoria do grupo. Estamos tolos por volver.
- Medio: Galicia-Hoxe.com
- Autor: E. Españadero
- Fecha: 06/01/2008
- Arranca el IX Festival Folk de Plasencia
- La IX edición del Festival Folk de Plasencia ha comenzado este jueves, en la Plaza Mayor de esta localidad cacereña, con un homenaje a Santiago, un tamborilero local.
- Desde la organización, se ha señalado que este año, antesala del X aniversario, el cartel está compuesto por nombres tan relevantes como los de Javier Paxariño (que viene a sustituir a La Musgaña), Alba Gutiérrez, Dr. Folk o Eliseo Parra, además de bandas como Socorrí o los macedonios de la Kocani Orkestar.
De esta forma, el festival ha abierto con un homenaje a Santiago, el tamborilero de Plasencia, uno de los pilares del folk placentino y extremeño. Tras él, Javier Paxariño y Oskorrí completarán la velada.
- Mientras, este viernes, a partir de las 12 horas, y en el convento de Las Claras, se llevarán a cabo las III Jornadas de Etnomusicología, basadas este año en la fabricación de instrumentos tradicionales y la importancia de éstos en la música folk. En estas jornadas tomarán parte Eliseo Parra, y dos miembros de La Zarabandina, Rafael Cubillos y Eugenio Rodríguez.
- En el encuentro de instrumentistas populares por las calles de Plasencia, tomarán parte formaciones como Valdelagares, La Zarabandina y Los Perantones de Plasencia. Este encuentro, y la exposición de indumentaria tradicional en Las Claras, conforman lo que Jammin, productora del evento, ha dado en llamar actividades paralelas del Folk Plasencia.
- Junto con ello, el viernes, y a partir de 22 horas, Valdelagares serán los encargados de comenzar los conciertos. Les segurá la Asociación extremeña el Redoble y tras ellos, los castellanos de La Zarabandina. Los gitanos macedonios de La Kocani Orkestar pondrán fin a la segunda jornada de esta IX edición de Folk Plasencia.
- Asimismo, Alba Gutiérrez, Dr. Folk, Eliseo Parra y Tactequeté conforman el cartel del sábado 28, día en el que la organización prevé una mayor afluencia de pública.
A este respecto, si el año pasado, a pesar de las inclemencias meteorológicas, asistieron a este cita musical cerca de veinte mil personas, la organización prevé para esta edición una afluencia cercana a las 24.000 personas.
- Cabe destacar que,el Festival Internacional de música Folk de Plasencia se ha consolidado como referente musical y cultural con más proyección de Extremadura, convirtiéndose en un evento musical muy esperado. El Folk Plasencia se apoya en la calidad musical, la convivencia intergeneracional, el apoyo a la música extremeña y la calidad en la producción.
- Y, este Festival, producido por Jammin, está organizado y patrocinado por la Consejería de Cultura de la Junta de Extremadura y el Ayuntamiento de Plasencia, además de por la Diputación Provincial de Cáceres, la Dirección General de la Sociedad de la Información, Caja Extremadura, Radio Nacional de España Radio 3 que transmitirá en directo la jornada del sábado a través de su programa Folkiberia. Mientras, TVE grabará la jornada del viernes, que emitirá a lo largo del mes de septiembre por el circuito regional extremeño.
- El Folk Plasencia cumplirá en la próxima edición 10 años. Para esa celebración, la organización está ya trabajando para conformar un cartel de peso que dé aún más reconocimiento si cabe a uno de los principales festivales de música folklórica a nivel nacional.
- Medio: Región Digital - Extremadura Express
- Autor: PORTADA
- Fecha: 26/08/2004
- Plasencia acogerá el folk entre el 26 y el 28 de agosto
- La Plaza Mayor de Plasencia acogerá entre los días 26 y 28 de agosto la novena edición del Festival Internacional Folk, en el que las nuevas raíces de los sones tradicionales y el folk más puro se fusionan para dar una visión viva y actualizada del folclore nacional e internacional.
- Este certamen se inició hace nueve años por iniciativa de la Junta de Extremadura con el fin de completar la oferta cultural de la región. Además, ha sido incluido por la Administración regional en la marca de calidad Escena. Cultura y Festivales. Extremadura , en la que se aglutinan las manifestaciones escénicas y musicales más importantes de la región.
- LA PRIMERA JORNADA Según un primer avance de la programación, remitido a Efe por la Junta de Extremadura, el festival dará comienzo el jueves, día 26 de agosto, con las actuaciones de la Escuela de Tamborileros de Plasencia. Después actuará La Musgaña, de Castilla y León, y la jornada la cerrará Oskorri, un grupo del País Vasco.
- Al día siguiente, el 27 de agosto, subirán a las tablas del escenario ubicado en la Plaza Mayor la formación cacereña Valdelagares, de la localidad de Santibáñez El Bajo. Los otros dos grupos que actuarán en la segunda jornada serán La Zarabandina (Castilla y León) y Kocani Orquestar (Hungría).
- La cántabra Alba Gutiérrez, el grupo burgalés Doctor Folk y el vallisoletano Eliseo Parra, que actuará acompañado por el grupo Tactequete, completan la programación de la novena edición del Festival Internacional Folk de Plasencia.
- La Consejería de Cultura y el Ayuntamiento de Plasencia se han encargado de patrocinar este evento, que organiza la empresa Jammin con la colaboración de la Diputación Provincial de Cáceres, el Vicerrectorado de Acción Cultural de la Universidad de Extremadura, Caja de Extremadura, los Nuevos Centros del Conocimiento, la web www.festivales.com y RNE.
- Medio: El Periódico de Extremadura
- Autor: PORTADA - EFE
- Fecha: 28/07/2004
Volver a prensa